Ola:
Este é o noso blogue, agora xa non estamos en 1º senón en 2º de primaria no colexio de Chans-Bembrive.
Seguiremos intentando que aquí quede reflectido o noso paso polo curso 2009-2010 e o curso 2010-2011.
E temos que darlle a benvida a Eva,Pablo, Raquel, Veranea e Yastín que este anos están a traballar connosco.
Un saudiño.Esperamos que vos guste
E...que tal un pouco de música mentres estades a ler o noso blogue?. A que apetece?Pois soamente hai que darlle a "play" e a pasalo ban.Saudiñooos.
En coñecemento estivemos a traballar os diferentes materiais e tamen estivemos a falar das diferentes materias primas as mestras puxéronnos algúns videos sobre estes temas pero os que máis nos gustaron foron estes que poñemos aqui .Mirade que interesantes!
Sabedes que os Excipcios e os Romanos foron os primeiros en xogar as canicas,claro que as deles estaban feitas de pedra , arxila ou mármore. As de hoxe en día están feitas de vidrio, ollade este video onde nolo explica todo.
E ollade este video de como se fai a goma de mascar ,que nun principio era a resina das árbores e agora.... DE PLÁSTICO E CAUCHO! QUE CURIOSO non?
Hoxe tivemos unha saída ao Verbum para coñecer un pouco mellor a historia da nosa cidade.Para iso tivemos dous guías moi especiais Mateo e Sexismundo quenes nos mostraron a historia da nosa cidade a través de debuxos dos Bolechas.
Botádelle un ollo as fotos!.E se queredes coñecer tamen algo da nosa Hª podedes utilizar o enlace do noso escudo ,elixe unha era.
E despois na nosa aula traballamos un pouco máis a hª da nosa cidade ,VIGO e descubrimos cousas moi interesantes .Podedes saber un pouco delas mirando esta presentación.
Con "pantalones" coñecerás mellor as árbores e as plantas ademais podes repasar os teus coñecementos cos xogos que che propoñe.Esperamos que vos guste.
Tódolos días temos un tempo de lectura despois do recreo.Nel lemos todos os contos,revistas ,libros ,álbumes, cómics que nos gustan , ainda que cando miramos unha cámara diante olvídasenos ao que estamos.
Viñéronnos buscar nun autobus de dúas plantas descapotable e fumos cantando cancións ata Vitrasa.
Ao chegar alí vimos autobuses antigos e despois vimos o taller mecánico onde arranxan os autobuses. Duran seis anos. Reciclan as pezas vellas.
Nas oficinas hai unha máquina de dar cambio para devolverlle aos pasaxeiros. Tamén hai unha caixa forte onde gardan os cartos para mercar autobuses novos e pagar aos condutores.
Gustounos moitos.
Fumos ao parque de bombeiros para coñecer algo máis desta apaixoante profesión.
Aprendemos moitas cousas como que hai que botar a auga de diferentes formas dependendo do que queiramos apagar e que hai tesoiras especiais para cortar coches, aínda que o que máis nos gustou foi o descenso do bombeiro, que guai!
Ola somos os nenos e as nenas das clases de 1º de 1º ciclo de primaria do colexio de Chans - Bembrive e queremos utilizar este blogue para que coñezades as actividades que estivemos a facer durante este curso na aula ,tamen imos a mostrarvos nel algunhos dos coñecementos que traballamos neste curso. Esperemos que vos guste un saudo