As horas

Publicado por Marta , jueves, 24 de febrero de 2011 10:36

Aquí tedes un xogo da PDI para practicar as horas.

Saída o Centro Social Nova caixagalicia

Publicado por Marta , miércoles, 23 de febrero de 2011 16:33

OS NARIGUDOS

Hoxe tivemos unha saída,fomos a ver os monicreques.
Era dunhas persoas que vivían nunha illa e tiñan un nariz moi longo, moi longo.
Isto ocasionaba moitos problemas entre elas xa que nos bailes e nos namoramentos o nariz soamente dáballes problemas.
Para solucionalos chamaron o:" home máis listo do mundo".
Tamén había un feiticeiro malo, que quería que un deles fora o seu criado e trocou o seu nariz por un pequeniño para que non o quixeran por ser diferente.
Case que mellor é aceptarse como somos todos e todas para ser felices, a que si?





Posted in

Visita de Laura

Publicado por Marta , 16:15

       


Hoxe recibimos unha visita moi especial:  Laura

Laura ven ao noso cole un día a semana dende principio de curso para falar en inglés aos máis mayores do cole. Enterámonos e decidimos facerlle unha entrevista para achegarnos un pouco máis ao seu país: EEUU.
Deste xeito, e poco a pouco, enterámonos de moitas cousas:


1. Está en América do Norte.


2. Limita ao Norte con Canadá, ao Sur con México, ao Leste co Océano Atlántico e ao Oeste co Océano Pacífico.


3. A súa moneda é o dólar.


4. Un dos ríos máis importantes é o Mississipi. É navegable.


5. As montañas máis importantes son as Montañas Rocosas e os Apalaches.


6. Algunhas das cidades máis famosas son: Washinton D C (a capital) , New Cork, San Francisco, Los Ángeles , Chicago, Denver, Seattle…


7. Ela naceu en Seattle, no NO (Noroeste) do país, moi cerca de Canada. É unha zona de grandes lagos, islas e parques naturais.


8. O prefixo telefónico internacional de EEUU, é o 001.


9. O seu idioma é o inglés americano, un pouco distinto do inglés británico.


10. Ten un presidente: Obama. É o primeiro de raza negra no país.


11. Hai 6 horas de diferencia horaria respecto a España.


12. A Laura gústalle moito facer sendeirismo, esquiar, a agricultura ecolóxica e andar en bicicleta.


13. Coñece moitos países: México, Guatemala, Canadá, Noruega, Inglaterra, Francia, España, Venezuela…e como non, España.


14. Fala moi ben o español e Galicia gústalle moito.


15. Contounos que alí o normal é ter un nome composto e un só apelido composto. Ela chámase Laura Adrienne Brady-Beckvar.


16. Ela é moi alta. Mide 1m 83 cm. En EEUU a súa altura é bastante normal.


Outro día vai volver con imáxes e  vainosi ensinar onde vive.

O 14 de febreiro

Publicado por Marta , miércoles, 16 de febrero de 2011 0:23


O 14 de febreiro

Este día o chegar a clase atopamos unha sorpresa na nosa mesa.


Tiñamos un corazón cun regaliño cada un e cada unha!

O principio quedamos sorprendidos/as e empezamos a ler o que puña en cada corazón.Tiñamos un pequeno verso dedicado que falaba de cómo somos nós na aula.
 Foi incrible!Acertaba con todos nós!





Gustounos tanto que deseguido fixémonos outros entre nos, dedicados e intentamos facer tamén pequenos versos, este foi o resultado:
   

30 de xaneiro

Publicado por Marta , viernes, 4 de febrero de 2011 16:46

oemptydiaemptydaemptypaz

Este ano o día da Paz o celebrámolo o venres 28 de xaneiro.Para preparalo toda a semana estivemos a mirar algún power point , algún debuxo animado, algunha canción e comentamos tamén algunha frase relacionada co tema.
Cada clase tivo que escribir palabras relacionadas coa Paz que comezasen cunha letra que se nos asignou , ao alumnado de 2ºA tocoulle a letra E , ao alumnado de 2ºB o F;despois tivemos que escribilas nun cartel que tiña unha pomba da Paz.
Noutra pomba tivemos que escribir un desexo para este día.

A unha, máis ou menos, todo o alumnado da escola saíu ao patio onde lemos os nosos desexos para este día da .O acto rematou cunha canción que podedes escoitar no blogue de música http://musichans.blogspot.com/


Tamén soltamos unha pomba branca pero non quería voar por Bembrive e quedou con nos no tellado do patio cuberto do noso cole,o mellor quería enchernos de Paz,Paz e Paz.


Pois iso é o que desexamos tamén nos.
O resultado foi o seguinte:




Feliz día da Paz.

Posted in