Ola:
Este é o noso blogue, agora xa non estamos en 1º senón en 2º de primaria no colexio de Chans-Bembrive.
Seguiremos intentando que aquí quede reflectido o noso paso polo curso 2009-2010 e o curso 2010-2011.
E temos que darlle a benvida a Eva,Pablo, Raquel, Veranea e Yastín que este anos están a traballar connosco.
Un saudiño.Esperamos que vos guste
E...que tal un pouco de música mentres estades a ler o noso blogue?. A que apetece?Pois soamente hai que darlle a "play" e a pasalo ban.Saudiñooos.
O derradeiro día deste curso tivemos una axenda moi movida.
A primeira hora da mañá un pequeno concerto no que participaron os e as artistas que temos nas nosas aulas.Aparte de coñecer máis instrumentos, como soan,de que tipo son….
O día 20 fomos a biblioteca Neira Vilas,chámase así en honor ao escritor Xosé Neira Vilas. Nesta visita aprendemos como funciona unha biblioteca, para o que sirve e o xeito de utilizala.Todo isto o fixemos da man de Anxo .