Achégate a BEMBRIVE

,

Achégate a BEMBRIVE



Xa comezamos co proxecto “achégate a Bembrive” no colexio.
Trátase dun proxecto de Centro onde vai colaborar todo o alumnado e o profesorado para así coñecer mellor Bembrive, as súas costumes a súa xente.....
A idea de levalo a cabo é do equipo de normalización do cole e foi aprobado por todo o claustro.

O tempo estipulado para rematalo é de dous cursos e vanse repartir 12 puntos a tratar.
Para difundir o traballo elaboraremos material e os traballos difundiranse en toda a comunidade educativa.
Ao alumnado de 2º tocoulle estudiar a parte cultural de Bembrive, a verdade é que temos traballo  abondo.


O Logo

A primeira cousa que tivemos que facer todo o alumnado de Chans foi elaborar un logo, o resultado o podedes ver na páxina do cole ou no blogue do proxecto.
Adhara, de 2ºB quedou  finalista!.

O seguinte foi traballar na elaboración do calendario do cole.
A cada curso tocoulle unha zona de Bembrive para  estudar.
A 2ºA tocoulle o Xestoso e a 2º B tocoulle o Monte Calvario.

E este é o resultado do noso traballado.

O calendario do cole

Monte calvario: Elevación do solo onde simbolizase o sufrimento de Jesucristo

Xestoso: lugar onde hai moitas xestas

Os nenos e nenas de 2ºA fixeron unha excursión para coñecer mellor a zona de xestoso e estas son algunhas das fotos que sacaron.




E este é o resultado do noso traballo.


O festival de Nadal
Para o festival do nadal, na aula de música compusemos un rap  como non! de Bembrive.

RAP DE BEMBRIVE


O alumnado de 2º achégannos a Bembrive ao ritmo dun rap que eles mesmos compuxeron.



O San Brais



O 1º ciclo de primaria do colexio de Chans este ano estivemos a investigar sobre o San Brais en Bembrive.
Partimos do que sabiamos, segundo as nosas vivencias e preguntando nas nosas casas.
Despois deste primeiro sondeo saíron palabras como "curar a gorxa, furanchos, festa,….."
Pero a maioría de nós non vivimos en Bembrive e debe ser por iso que non tivemos moitos datos concretos, por iso tivemos que investigar máis.
Para orientar a nosa investigación elaboramos unhas preguntas coas nosas dúbidas:
- Quen era San Brais?
- A que se dedicaba?
- Por que era santo?
- Que se fai na festa?
- Por que é tan importante?
- …..
E preguntamos nas casas , buscamos información en internet , e intentamos atopar algún libro que nos falase de San Brais.
O resultado da nosa investigación foi o seguinte:


A romaría de San Brais é unha das máis populares de Vigo e celébrase o 3 de febreiro de cada ano.
As persoas que acoden a esta festa adoitan vir ataviadas cunha boina, un pano na gorxa e unha cunca colgada para beber.
Ás veces veñen en grupos que poden ser “peñas “ de amigos, compañeiros de traballo…..
A xente que acode a Bembrive vén con moita ganas de pasalo ben, cantar, bailar, comer e beber..
Moita acode á igrexa para bendicir o pan e pasar o seu pano pola imaxe do Santo e así garantiren a saúde da súa gorxa durante todo o ano.

Para comer e beber a xente acode aos “furanchos“ onde o xantar típico é o cocido e viño da casa.Tamén se toman petisco de porco: orella, chourizos, rabo…..ou tortilla e empanadas.

Quen era San Brais?
Foi un médico e bispo do século III de Sebaste (Rusia). Era especialista en gorxas e moi bo médico. Un día unha nai levoulle o seu fillo porque tiña unha espiña cravada na gorxa, estaba afogando. San Brais tocoulle a gorxa e empezou a rezar e así o neno foi curado. Esta é a orixe de bendicir as gorxas o día da súa festa.
Con toda esta información, fotos, algunhas cuncas e panos que conseguimos de anos anteriores montamos unha exposición na entrada do colexio.





Outra das nosas funcións foi organizar o 2 de febreiro a nosa festa do San Brais.
O NOSO FURANCHO
Chámase “o furancho do patio de Chans” cunha peculiaridade: “-imos dar comida a cambio dunha copliña-“
Nas aulas nomeamos varias comisións:
1.- Comisión para recoller os lapis.
O 1 de febreiro esta comisión visitou as aulas do centro para recoller lapis usados cos que logo escribirían as coplas.
“-un lapis vos vimos pedir
para a copla poder escribir-“
2.-Comisión encargada de ir contando polas aulas todo o que aprendemos sobre San Brais.
Isto fixémolo o 2 de febreiro e así tamén aproveitamos para invitar a todo o alumnado do colexio a participar na elaboración de coplas e así poder comer no noso furancho na hora do recreo
3.- Comisión para dar o vales.
Esta comisión estivo nun mostrador e por cada neno ou nena que nos dixese unha copla inventada démoslle un vale para recoller comida .
4.- Comisión do furancho, encargada de recoller os vales e cambialos pola comida.
5.- Comisión de vixilancia encargada de que cada cousa quede no seu sitio.
6.- Comisión de recollida. Encargada de recoller o furancho unha vez terminada a festa.
Pero isto non foi todo o traballo conseguimos intrigar ao colexio enteiro poñendo carteis cada día dende a semana anterior cos días que faltaban (pero non puxemos para que….). Moitos nenos e nenas preguntaban para que era, ata que chegou o dous de febreiro e entenderon que era para a festaza que tiñamos organizada! Tamén fixemos o letreiro do furancho (“Furancho o patio de Chans) e murais con coplas para animar a participar (“isto é unha bicoca, trae a túa copla”; “trae o teu vale e comerás de balde”, “despois de facer a túa copla de San Brais, entrega a túa copla e non esperes máis”.
E por último fixemos obradoiros de cociña nas aulas para levar comida feita por nós ao noso furancho.
Non podemos esquecer tampouco a colaboración das nosas familias, xa que moitos tamén traballamos na casa para poder levar máis comida ao noso furancho e así poder ofrecelo a todo o colexio. Moitas grazas!!!
O resultado de todo este traballo foi o seguinte.Mirade:





Ata conseguimos que se animase a festa con música igual que nos furanchos de Bembrive, grazas ás pandereiteiras do noso cole e a unhas pandereiteiras moi festeiras que pasaban por Chans e quixeron participar da festa.
Actividades lim
 


Alguhas das rimas que se leron no furancho foron estas:




Este é o video de todo o feito en San Brais que nos preparou o profe Juan.
                    




entroidoempty

Xa estamos a traballar na nosa parte do proyecto do centro Achégate a Bembrive .

Temos que estudar a parte cultural de Bembrive, das dúas asociacións Xestas e Helios.
E o tempo que estamos nesta investigación tamén temos que pensar no Entroido, o noso disfraz ten que ter relación co proxecto.Os nosos primeiros contactos foron coa asociación Helios e nestas xuntanzas xurde a idea do disfraz deste ano.

                        RONDALLA DE HELIOS


Despois de decidilo posémonos mans a obra ,o primeiro coma sempre conseguir moita información, partimos do que coñeciamos e …tivemos sorte xa que tres de nos xa tiveran, dalgún xeito, contacto coa rondalla .

Anxo e máis a súa familia levan varias xeracións coa rondalla por iso citamos o seu avó e a súa avoa para falar con nós.
Anxo trouxo a clase o traxe que levan e algún DVD cos desfiles que fixo a rondalla nestes anos.

Este é o noso compañeiro Anxo, está a explicarnos todo o que sabe sobre a rondalla Helios de Bembrive.
.









Co traxe da “rondalla” que trouxo Anxo  xa resolvemos o tema da vestimenta.Miramos como era e...


 Tiñamos que facer unha igual :


A capa é verde. A fixemos de plástico con cintas de cores, tamén de plástico.


A boina negra. A traemos da casa e colgarémoslle cintas de cores como as da capa.


A roupa ten que ser negra. Pódenos valer a que levamos o ano pasado de tribos africanas.


Temos que mercar luvas brancas e traer calzado negro. Con isto o tema da roupa xa está resolto.


Anxo falounos tamén dunha formación, dunhas bandeiras, de instrumentos….. Precisamos máis información!


Mª CARMEN E ALFONSO AVOA E AVÓ DE ANXO


Para preparar a entrevista fixemos as preguntas por grupo, en traballo cooperativo técnica 1, 2-4 e despois de telas preparadas reunímonos con Mª Carmen e Alfonso. Aí os tedes en acción.

         Con eles avanzamos moito na investigación:



- A hora de desfilar sempre manda a esquerda.


- Na “rondalla” tamén van os abandeirados e son uns compoñentes importantísimos.


- Andar e levar o ritmo ao mesmo tempo é moi difícil. Ademais hai que mover o brazo dereito ou tocar o instrumento.


- Precísase moito moito ensaio para que a rondalla estea moi coordinada, as e os compoñentes teñen que estar sempre pendentes do xefe para manter as filas dereitas.


- Os instrumentos que levan son case sempre de percusión, non hai de corda pero si algunha gaita e pode que algunha trompeta.


-A “rondalla de Helios “ foi a primeira en desfilar facendo formacións e cada ano traballan nunha nova.




Carmen e Alfonso tamén contaron que levan na ”rondalla“ desde os 20 e os 17 anos respectivamente, que o pasan moi ben, que gostan de pertencer a ela, que o fan con moito orgullo e que cada ano agardan setembro con moita ledicia. Setembro é o mes no que a “rondalla de Helios” comeza cos ensaios.Polo que se alguén quere formar parte dela pódese inscribir a partires de setembro.

Logo comezamos construír instrumentos de percusión. Os fixemos con material de refugallo, fixemos os traxes e as bandeiras:

de Helios, a galega,a de Vigo e a da entidade menor de Bembrive.
E comezamos a ensaiar a nosa formación.
Nomeamos abandeiradas e abandeirados.
O pasamos moi ben , gustounos moito sobre todotocar os instrumentos e levar as luvas brancas





Este foi o resultado da nosa actuación