Canción da auga
Publicado por Marta , miércoles, 24 de abril de 2013 23:18
Na clase de plástica estamos a aprender a bailar esta canción .Foi feita polo alumnado de 6º para o Entroido
Día do libro
Publicado por Marta , 23:05
Este ano o xeito de celebrar na escola o día do libro foi contando contos .
O alumnado de cuarto foi por todas as clases contando contos.Un grupo de 4ºA e outro de 4ºB actuaron para as clases de 1º con monicreques que fixeron na clase de plática.
Paula.-Narradora
Jose:Gato Gulle
Antía:Mamá gata
Xian:Sons e pai gato
Porquiños mayor e mediano: Hugo
Porquiño pequeno:Kepa
Lobo: Lino
Entroido en chans
Publicado por Marta , lunes, 1 de abril de 2013 20:25
Estas son as nosas orixinais e exclusivas máscaras deste ano.
taller de pintura
Publicado por Marta , sábado, 26 de enero de 2013 0:32
Este ano despois de experimentar novas cores misturando as cores primarias fixemos un taller de pintura e así foi como traballamos:
Plástica
Publicado por Marta , domingo, 18 de noviembre de 2012 19:55
Taller de mandelas as que pintamos coas cores inventadas po nós:
Plástica on PhotoPeach
O remate do curso
Publicado por Marta , lunes, 18 de julio de 2011 16:06
O derradeiro día de curso o alumnado de 2º de primaria fomos a rematar a festa, ao Mosteiro, alí merendamos e xogamos.O pasamos xenial!
Finalizamos o curso.Miniconcerto
Publicado por Marta , sábado, 9 de julio de 2011 0:40
O derradeiro día deste curso tivemos una axenda moi movida.
A primeira hora da mañá un pequeno concerto no que participaron os e as artistas que temos nas nosas aulas.Aparte de coñecer máis instrumentos, como soan,de que tipo son….
Visita a biblioteca Neira Vilas
Publicado por Marta , viernes, 8 de julio de 2011 15:39
O día 20 fomos a biblioteca Neira Vilas,chámase así en honor ao escritor Xosé Neira Vilas.
Nesta visita aprendemos como funciona unha biblioteca, para o que sirve e o xeito de utilizala.Todo isto o fixemos da man de Anxo .
http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/
Visita de Alfonso e Fátima
Publicado por Marta , domingo, 26 de junio de 2011 21:39
Alfonso é o curmán de Pablo Vidal, ademais pertence o grupo "Algareiro".Puxémonos en contacto con él para ver si podianos informar sobre o seu grupo.
Non só viu él para darnos a información senon que truxo unha amiga que tocaba a gaita e chamábase Fátima.
Con eles dous aprendimos moito e o pasamos moi ben.
Película del cuento Jorge y Natalia
Publicado por Marta , martes, 14 de junio de 2011 23:04
Esta es la película que elaboramos sobre uno de los cuentos de Jorge y Natalia en los que participamos durante este curso.Con ella nos estrenamos en la elaboración de guiones, en la interpretación con marionetas,¡Incluso en la grabación!.
Inauguración de bibliochans
Publicado por Marta , jueves, 2 de junio de 2011 22:24
O día 16 de maio tivemos a inauguración de bibliochans,a nosa biblioteca.
Cada un e unha de nos tiñamos unha invitación personalizada con a que acudimos a cita.
Ao chegar o primeiro que fixemos foi cortar a cinta, o fixo Antero, o noso compañeiro.Despois miramos unha película que nos deixou o trasno.Gustounos moito.
A profe terminou de contarnos como tiñamos que facer cando estiveramos na biblioteca,o intercambio de libros, escoller un libro dterminado, uso dos maradores….
O trasno deixounos un agasallo moi bonito
Se queredes ver mais achegarvos o blogue de bibliochans.
O festival das letras galegas
Publicado por Marta , domingo, 22 de mayo de 2011 22:21
O día 13 de maio no noso centro celebramos o festival das letras galegas. O alumnado de 2º este ano decidimos acompañarnos de catros d@s compoñentes do grupo de gaitas do Centro cultural e deportivo de Bembrive Helios.
Para a nosa actuación preparamos entre todos e todas a canción tradicional galega "O gato". A verdade e que nos fixo moita ilusión actuar con eles e elas e que Alex viñera o cole para os ensaios.
Aquí tedes algunha foto da nosa intervención.
Correlingua
Publicado por Marta , 21:57
Milleiros de escolares da comarca de Vigo percorreron as rúas da cidade este xoves 12 de maio nunha nova edición do Correlingua, iniciativa en defensa do idioma que este ano se celebrou baixo o lema "En galego sempre somos". Os estudantes concentráronse pouco antes das 11.00 horas da mañá na Praza do Rei, onde lles dirixiron unhas palabras o alcalde e o edil de Deportes, para a continuación percorrer o centro até o parque de Castrelos. Unha vez alí, realizaron distintas actividades e puideron gozar de actuacións musicais do grupo de Galeoke do colexio Pedro Floriani e dun espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
nos fomos uns deles e aquí podedes ver a nosa participación.
Visita de Fina Casalderrey
Publicado por Marta , viernes, 20 de mayo de 2011 20:13
Antes da súa chegada documentámonos un pouquiño para coñecela mellor e atopamos estes datos na súa páxina web.
Queredes coñecer un pouco da súa vida?.
Fina Casalderrey
{ Xebe, 1951 }Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerce a profesión de mestra (na actualidade en Secundaria). Foi daquela cando se mergullou nas augas da creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas na publicación Recursos teatrais para a expresión dramática na escola publicada en Edicións Xerais.
Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos e alumnas participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra... (traballos galardonados con diferentes premios).
Xunto con Mariano García, publicou O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia, todos eles libros de investigación.
Colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a Gastronomía...
No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida a tódalas linguas do Estado, tamén ó Portugués.
Gustounos moito escoitala e contounos moitas cousas:
Fina Casalderrey Fraga e a autora do libro "Quen me quere adoptar" . Enseñounos o que é a sensibilidade.Ela sacou a hª do conto dun señor aleman que era profe, cando se xuvilou tiña moita saúde e moito diñeiro pero non tiña unha familia e quiso adoptar unha. E o conseguiu.
Autora :Patricia Gradaille Gil