Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas

Visita a biblioteca Neira Vilas

Publicado por Marta , viernes, 8 de julio de 2011 15:39

O día 20 fomos a biblioteca Neira Vilas,chámase así en honor ao escritor Xosé Neira Vilas.
Nesta visita aprendemos como funciona unha biblioteca, para o que sirve e o xeito de utilizala.Todo isto o fixemos da man de Anxo .

Moitas grazas Anxo .




E para coñecer as actividades que teñen este verán, preme na seguinte ligazón:
http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

Posted in | 0 comentarios

Correlingua

Publicado por Marta , domingo, 22 de mayo de 2011 21:57

Milleiros de escolares da comarca de Vigo percorreron as rúas da cidade este xoves 12 de maio nunha nova edición do Correlingua, iniciativa en defensa do idioma que este ano se celebrou baixo o lema "En galego sempre somos". Os estudantes concentráronse pouco antes das 11.00 horas da mañá na Praza do Rei, onde lles dirixiron unhas palabras o alcalde e o edil de Deportes, para a continuación percorrer o centro até o parque de Castrelos.  Unha vez alí, realizaron distintas actividades e puideron gozar de actuacións musicais do grupo de Galeoke do colexio Pedro Floriani e dun espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
 nos fomos uns deles e aquí podedes ver a nosa participación.




Posted in | 0 comentarios

Saída o Centro Social Nova caixagalicia

Publicado por Marta , miércoles, 23 de febrero de 2011 16:33

OS NARIGUDOS

Hoxe tivemos unha saída,fomos a ver os monicreques.
Era dunhas persoas que vivían nunha illa e tiñan un nariz moi longo, moi longo.
Isto ocasionaba moitos problemas entre elas xa que nos bailes e nos namoramentos o nariz soamente dáballes problemas.
Para solucionalos chamaron o:" home máis listo do mundo".
Tamén había un feiticeiro malo, que quería que un deles fora o seu criado e trocou o seu nariz por un pequeniño para que non o quixeran por ser diferente.
Case que mellor é aceptarse como somos todos e todas para ser felices, a que si?





Posted in

Verbum

Publicado por Marta , jueves, 16 de diciembre de 2010 23:32

       




SAIDA AO VERBÚM


O venres 10 de decembro fomos ao Verbum a coñecer moitas cousas sobre os libros.
Aprendemos o que é a cuberta, a contracuberta, portada , contraportada…
Coñecemos moitísimas variedade de libros :
-Os libros de autor
-Os pop ups
-Libros ilustrados
-Libros antigos
-Libros modernos……….
Tamén nos falaron dos colecionistas de libros.Sabedes que existen coleccionistas de libros especializados nun só tema?
Coñecemos a evolución do papel que se utilizaba e utiliza para la elaboración dos libros: ALGODÓN, PERGAMIÑO….
Miramos algún libro coa cuberta de coiro.
Coñecemos algúns tipos de prensas antigas que se utilizaban para a elaboración dos libros antigamente.
Despois fixemos un taller onde elaboramos os nosos propios libros de autor. Este foi o resultado:


 

Posted in

VERBUM: Vigo a través da súa historia

Publicado por Raquel , viernes, 21 de mayo de 2010 14:52


VIGO, A NOSA CIDADE.

(ESCUDO DE VIGO)


Hoxe tivemos unha saída ao Verbum para coñecer un pouco mellor a historia da nosa cidade.Para iso tivemos dous guías moi especiais Mateo e Sexismundo quenes nos mostraron a historia da nosa cidade a través de debuxos dos Bolechas.
Botádelle un ollo as fotos!.E se queredes coñecer tamen algo da nosa Hª podedes utilizar o enlace do noso escudo ,elixe unha era.









E despois na nosa aula traballamos un pouco máis a hª da nosa cidade ,VIGO e descubrimos cousas moi interesantes .Podedes saber un pouco delas mirando esta presentación.

Vitrasa

Publicado por Marta , lunes, 10 de mayo de 2010 8:37

Viñéronnos buscar nun autobus de dúas plantas descapotable e fumos cantando cancións ata Vitrasa.
Ao chegar alí vimos autobuses antigos e despois vimos o taller mecánico onde arranxan os autobuses. Duran seis anos. Reciclan as pezas vellas.
Nas oficinas hai unha máquina de dar cambio para devolverlle aos pasaxeiros. Tamén hai unha caixa forte onde gardan os cartos para mercar autobuses novos e pagar aos condutores.
Gustounos moitos.

Posted in | 0 comentarios

Os bombeiros

Publicado por Marta , 8:29

Fumos ao parque de bombeiros para coñecer algo máis desta apaixoante profesión.
Aprendemos moitas cousas como que hai que botar a auga de diferentes fo
rmas dependendo do que queiramos apagar e que hai tesoiras especiais para cortar coches, aínda que o que máis nos gustou foi o descenso do bombeiro, que guai!


Posted in | 0 comentarios