Visita de Laura
Publicado por Marta , miércoles, 23 de febrero de 2011 16:15
Hoxe recibimos unha visita moi especial: Laura
Laura ven ao noso cole un día a semana dende principio de curso para falar en inglés aos máis mayores do cole. Enterámonos e decidimos facerlle unha entrevista para achegarnos un pouco máis ao seu país: EEUU.
Deste xeito, e poco a pouco, enterámonos de moitas cousas:
1. Está en América do Norte.
2. Limita ao Norte con Canadá, ao Sur con México, ao Leste co Océano Atlántico e ao Oeste co Océano Pacífico.
3. A súa moneda é o dólar.
4. Un dos ríos máis importantes é o Mississipi. É navegable.
5. As montañas máis importantes son as Montañas Rocosas e os Apalaches.
6. Algunhas das cidades máis famosas son: Washinton D C (a capital) , New Cork, San Francisco, Los Ángeles , Chicago, Denver, Seattle…
7. Ela naceu en Seattle, no NO (Noroeste) do país, moi cerca de Canada. É unha zona de grandes lagos, islas e parques naturais.
8. O prefixo telefónico internacional de EEUU, é o 001.
9. O seu idioma é o inglés americano, un pouco distinto do inglés británico.
10. Ten un presidente: Obama. É o primeiro de raza negra no país.
11. Hai 6 horas de diferencia horaria respecto a España.
12. A Laura gústalle moito facer sendeirismo, esquiar, a agricultura ecolóxica e andar en bicicleta.
13. Coñece moitos países: México, Guatemala, Canadá, Noruega, Inglaterra, Francia, España, Venezuela…e como non, España.
14. Fala moi ben o español e Galicia gústalle moito.
15. Contounos que alí o normal é ter un nome composto e un só apelido composto. Ela chámase Laura Adrienne Brady-Beckvar.
16. Ela é moi alta. Mide 1m 83 cm. En EEUU a súa altura é bastante normal.
Outro día vai volver con imáxes e vainosi ensinar onde vive.
Posted in
entrevistas