30 de xaneiro

Publicado por Marta , viernes, 4 de febrero de 2011 16:46

oemptydiaemptydaemptypaz

Este ano o día da Paz o celebrámolo o venres 28 de xaneiro.Para preparalo toda a semana estivemos a mirar algún power point , algún debuxo animado, algunha canción e comentamos tamén algunha frase relacionada co tema.
Cada clase tivo que escribir palabras relacionadas coa Paz que comezasen cunha letra que se nos asignou , ao alumnado de 2ºA tocoulle a letra E , ao alumnado de 2ºB o F;despois tivemos que escribilas nun cartel que tiña unha pomba da Paz.
Noutra pomba tivemos que escribir un desexo para este día.

A unha, máis ou menos, todo o alumnado da escola saíu ao patio onde lemos os nosos desexos para este día da .O acto rematou cunha canción que podedes escoitar no blogue de música http://musichans.blogspot.com/


Tamén soltamos unha pomba branca pero non quería voar por Bembrive e quedou con nos no tellado do patio cuberto do noso cole,o mellor quería enchernos de Paz,Paz e Paz.


Pois iso é o que desexamos tamén nos.
O resultado foi o seguinte:




Feliz día da Paz.

Posted in

Novos xogos para repasar

Publicado por Marta , lunes, 31 de enero de 2011 20:07

Esta páxina conten moitos xogos educativos. Apropiados para o alumnos do Primeiro e Segundo Ciclo de Primaria.

• ¿Qué comen los animais?
• Carreira de sumas y restas
• A oca das aves
• A carreira de la "b" y la "v"
• Coñeces os mamíferos?
• Carreira de cálculo mental
• A oca das sumas
• O aparello dixestivo




Posted in | 0 comentarios

O FESTIVAL DO NADAL.

Publicado por Marta , jueves, 13 de enero de 2011 21:39

Coma tódolos cursos, este 2010-2011, fixemos o festival do Nadal ó que convidamos a tódalas familias.

Esta é a nosa actuación neste festival,un Rap inventado por todo o alumnado de 2º coa profe Ana.
Mirádeo a ver se vos gusta.
FELIZ ANINOVO E ATA O 2011






                          

Posted in | 0 comentarios

Verbum

Publicado por Marta , jueves, 16 de diciembre de 2010 23:32

       




SAIDA AO VERBÚM


O venres 10 de decembro fomos ao Verbum a coñecer moitas cousas sobre os libros.
Aprendemos o que é a cuberta, a contracuberta, portada , contraportada…
Coñecemos moitísimas variedade de libros :
-Os libros de autor
-Os pop ups
-Libros ilustrados
-Libros antigos
-Libros modernos……….
Tamén nos falaron dos colecionistas de libros.Sabedes que existen coleccionistas de libros especializados nun só tema?
Coñecemos a evolución do papel que se utilizaba e utiliza para la elaboración dos libros: ALGODÓN, PERGAMIÑO….
Miramos algún libro coa cuberta de coiro.
Coñecemos algúns tipos de prensas antigas que se utilizaban para a elaboración dos libros antigamente.
Despois fixemos un taller onde elaboramos os nosos propios libros de autor. Este foi o resultado:


 

Posted in

Hábitos saudables

Publicado por Marta , martes, 30 de noviembre de 2010 22:57

Non só e importante coñecer o noso corpo, tamén temos que aprender a coidalo e mantelo forte e san.
Xogando a este xogo poderás aprender algúns habitos saudables para manter ben o teu corpo

Xoga con Fervello

Publicado por Marta , domingo, 28 de noviembre de 2010 20:19

Neste xogo poderás familizarizarte máis coa lingua galega dun xeito lúdico. Aínda que está indicado para os máis pequenos, tí poderás darlle un repasiño ó teu vocabulario galego.

Posted in

O aforcado de San Xoán

Publicado por Marta , 19:50

É moi sinxelo:


Só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira)




Posted in

xogo de moedas para contar

Publicado por Marta , 19:43

Queres contar moedas?Intenta xogar con Monojo e Hexamano e axúdalles a gañar o trofeo.

Posted in

Publicado por Marta , martes, 23 de noviembre de 2010 21:26

Visita a páxina do noso corpo atoparás o conto.."MAMÁ PUSO UN OVO"

Posted in

Podedes xogar e ir poñéndovos ó día , pode que vos veña ben despois das vacacións.Seguro que vos fai falla algún que outro repasiño.Saudiños.

Publicado por Marta , jueves, 11 de noviembre de 2010 23:31

Vista previa

E AGORA REPASAMOS UN POUCO DE LINGUA CASTELLANA

Publicado por Marta , 23:26



Vista previa
Pikipalabra(o xogo de pasapalabra para os peques de primaria)


O SAMAÏN

Publicado por Marta , domingo, 24 de octubre de 2010 21:03

Nos temos o SAMAIN en outros paises ,o hallowen .Escoitar esta canción xa que podedes aprender porque se celebra.

Posted in

Os esqueletos

Publicado por Marta , 20:43

A nós gústanos moitísimo "o twist dos esqueletos" paréceunos moi devertido, por iso quisemos que quedase aquí, no noso bloge.


Cada día  atopamos máis cousas sobre os esquletos que gústannos un montón .Ahí vai unha cación nova.

Posted in

QUERES COÑECER A NOSA CIDADE?

Publicado por Marta , jueves, 7 de octubre de 2010 22:48

Mirade este é o noso derradeiro traballo de 1º , chega un pouquiño tarde porque non podíamos subilo tiñamos problemas con él.Pero aquí esta .¡ASÍ É COMO VEMOS NOS ALGÚNS DOS LUGARES MÁIS SIGNIFICATIVOS DE VIGO A NOSA CIDADE! .




O CORPO HUMANO

Publicado por Marta , miércoles, 6 de octubre de 2010 21:04

">

Olaaaaaa:

Neste xogo podedes repasar todo o que ti xa aprendiches do corpo humano ,xoga un pouquiño e así poderás repasalo.