O noso corpo.Actividades para a PDI

,

Así é como abordamos nas nosas aulas o proxecto do noso corpo.Todos e todas participamos para poder obter información e así pouco a pouco obter coñecementos sobre el.




osemptyosos







OS OSOS

ESTAMOS A ESTUDAR O NOSO CORPO E O PRIMEIRIÑO QUE DESCUBRIMOS FOI
"O ESQUELETO".
 E TODO PORQUE UN DÍA CHEGOU MARIANO Á NOSA CLASE .


 DESPOIS DE CHEGAR EL ENCHÉMONOS DE DÚBIDAS QUE TIÑAMOS QUE RESPONDER .


Entón comezou a acción, buscamos información en libros, nas casas, en internet, preguntando a médicos etc...e...neso estamos
"EN COÑECER O NOSO CORPO UN POUCO MELLOR"..
Algunhas das dúbidas que tiñamos eran:
Como se chaman os ósos?
Para que serven?
Onde están ?
............
Descubrimos que os ósos forman o esqueleto, que é a parte máis dura do noso corpo.
Grazas ao esqueleto podémonos manter en pé por nos mesmos.

Tamén atopamos unha canción de Migallas que nos axudou moito para coñecer os nomes dos ósos do corpo, agora  querémola compartir neste blogue .¡Escoitádea, xa veredes que ben aprendedes os ósos!.




E aquí vai a letra
O esqueleto cantado por Migallas

Preparad@s e a báilala

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar.
O tronco podo mover
Se o ritmo me vai ben.

As extremidades para bailar
dar patadas e “patalexar”.
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora máis difícil, ¡ánimo rapaces!
Pa, pa,parapapa….

Aplaudindo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
úmero, úmero, cúbito e radio,
Carpo, metacarpo, dedos (bis).

E correndo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
fémur, rótula, tibia, peroné,
tarso, metatarso, dedas (bis)
Pa, pa, parapapa…

E no tronco ti vas ver
cántos ósos vas mover:
clavícula, costelas, omoplata,
esterno, pelve e cóccix (bis).
A columna vertebral
Non a podes mover mal.
Trinta, trinta, trinta e tres
Vértebras que debo ter (bis).

E agora imos mover
Todos os ósos á vez:
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora é máis fácil
¡ánimo rapaces!




Tamén buscamos información en internet na aula de informática e aprendemos moito.






Informativo sobre os osos



Se queres xogar coas actividades de notebook presiona no debuxo.

Os corpos en movemento



Despois, uns días máis tarde chegou Lupita, e con ela, máis dúbidas sobre o resto do noso corpo por iso escomezamos a investigar sobre todos os sistemas do noso corpo.


E tiñamos moitas fontes de información na aula.






O aparato circulatorio  compóñeno o corazón e os vasos sanguíneos.
O corazón é un músculo que ten forma dun puño e serve para bombear o sangue por todo o noso corpo.
Polas arterias o sangue vai limpo, e leva os alimentos e o oxíxeno a tódolos recantos do noso corpo.
Polas veas volve o sangue sucio o corazón cheo de anhídrido carbónico para ser expulsado a través dos pulmóns.



sistemaemptyrespiratorio


O SISTEMA RESPIRATORIO


O noso corpo respira constantemente a través da boca, e do nariz .Necesita oxíxeno do aire para vivir. Para  chegar aos pulmóns o aire pasa por un tubo chamado traquea.

 

Os peixes respiran polo medio das branquias.Unhas laminiñas situadas na parte traseira da súa cabeza e collen o oxíxeno da auga.
Nos insectos ,o oxíxeno chega ás células a través duns buraquiños chamados estigmas .


O SISTEMA REPRODUCTOR

Dúbidas sobre o sistema reproductor





No home, os órganos reproductores son o pene  e os testículos ( que producen os espermatozoides).
Na muller, os órganos reproductores son a vaxina, o útero e os ovarios (que producen os óvulos).





CONTO :"MAMÁ PUSO UN OVO"
ou como se teñen os fillos e as fillas











Actividades lim do corpo






emptymarisa

 Hoxe veu o colexio Marisa, a nai de Ana de 2º A. Ela é enfermeira na planta de reanimación do Meixueiro .Contounos moitas cousas máis sobre o noso corpo.



1.-Temos que prever, é dicir, coidar o noso corpo moito é como mantelo san, con hábitos de vida saudable:


              Lavar as mans antes de cada comida
              Lavar os dentes despois de cada comida
              Alimentarnos axeitadamente
Vacinarse
Facer revisións cada pouco tempo.

2.-O corpo é moi intelixente é como unha máquina perfecta e cando algo falla  empézanos a mandar sinais para indicarnos que algo vai mal .O corpo tamén é moi agradecido e se o coidamos mantense sempre en boas condicións e pode durar moito tempo .


Moitas grazas Marisa por vir a falarnos de tantas cousas.


 



Máis cousas que aprendimos do noso corpo ,¡Escoitádeas!







Para explicarnos máis cousas do embarazo viñeron as nosas clases as nais de Antía de 2ºA e a nai de Joel de 2ºB, as dúas están embarazadas, e contestaron as preguntas que lle fixemos nas aulas .



Con elas tamén aprendemos moitas cousas novas .


Nos explicaron que é o que senten no seu embarazo, como lles vai crecendo a barriga, e que chega un momento que incluso senten a criatura, danlle patadiñas e móvense.


Tamén dixéronnos que non lles doe, todo o contrario, e unha sensación boa.Elas teñen que coidarse máis, comer de todo,e camiñar moito, tamén teñen que facer revisións e ir o xinecólogo cada pouco tempo, este faille unha ecografía para ver como se atopa o feto.


Pola ecografía pódese saber se é neno ou nena.


Moitas grazas Ana e Eva Maria, aprendemos moito con vos.Esperamos que volvades coas vosas criaturas.














anaemptyeemptyevaemptymariaemptyvolveremptypronto



boaemptyalimentacion


Os de froitas Neves déronnos unha charla sobre a alimentación.

Insistiron moito en que temos que ter unha alimentación san e equilibrada para coidar o noso corpo e mantelo sempre en boas condicións.
Repasamos a pirámide alimenticia ,que habiamos estudado o curso pasado, para saber cales son os alimentos que temos que tomar tódolos días e cales de cando en vez.
Explicáronnos moi ben todas a calidades que ten a froita e o importante que é na nosa alimentación.


Rematamos facendo unhas brocheas de froita que estaban RIQUÍIIISIMAS…






O NOSO CORPO

PRESIONANDO NA FOTO ATOPARÁS UN XOGO MOI DIVERTIDO DO CORPO.
COMO O DA TELE, XOGA A VER CANTO SABES.





E o final fixemos un pequeno balance de todo o aprendido,a verdade que foi moito!moitísimo!....e non queríamos esquecer nada.
Para que isto non sucedese decidimos elaborar un libro noso onde quedase todo o máis importante.
O polo menos o que pareceunos a nos.
Mirádeo