Ola:
Este é o noso blogue, agora xa non estamos en 1º senón en 2º de primaria no colexio de Chans-Bembrive.
Seguiremos intentando que aquí quede reflectido o noso paso polo curso 2009-2010 e o curso 2010-2011.
E temos que darlle a benvida a Eva,Pablo, Raquel, Veranea e Yastín que este anos están a traballar connosco.
Un saudiño.Esperamos que vos guste
E...que tal un pouco de música mentres estades a ler o noso blogue?. A que apetece?Pois soamente hai que darlle a "play" e a pasalo ban.Saudiñooos.
O venres 10 de decembro fomos ao Verbum a coñecer moitas cousas sobre os libros.
Aprendemos o que é a cuberta, a contracuberta, portada , contraportada…
Coñecemos moitísimas variedade de libros :
-Os libros de autor
-Os pop ups
-Libros ilustrados
-Libros antigos
-Libros modernos……….
Tamén nos falaron dos colecionistas de libros.Sabedes que existen coleccionistas de libros especializados nun só tema?
Coñecemos a evolución do papel que se utilizaba e utiliza para la elaboración dos libros: ALGODÓN, PERGAMIÑO….
Miramos algún libro coa cuberta de coiro.
Coñecemos algúns tipos de prensas antigas que se utilizaban para a elaboración dos libros antigamente.
Despois fixemos un taller onde elaboramos os nosos propios libros de autor. Este foi o resultado:
Non só e importante coñecer o noso corpo, tamén temos que aprender a coidalo e mantelo forte e san. Xogando a este xogo poderás aprender algúns habitos saudables para manter ben o teu corpo
Neste xogo poderás familizarizarte máis coa lingua galega dun xeito lúdico. Aínda que está indicado para os máis pequenos, tí poderás darlle un repasiño ó teu vocabulario galego.
Só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira)
Mirade este é o noso derradeiro traballo de 1º , chega un pouquiño tarde porque non podíamos subilo tiñamos problemas con él.Pero aquí esta .¡ASÍ É COMO VEMOS NOS ALGÚNS DOS LUGARES MÁIS SIGNIFICATIVOS DE VIGO A NOSA CIDADE! .