A aula de atención educativa

,

"Dereitos dos nenos e as nenas"

Na clase de atención educativa estivemos a traballar “os dereitos dos nenos e das nenas”.



Durante varias sesión miramos algúns vídeos sobre o tema .

Despois formamos equipos de catro compoñentes e elaboramos listaxes deles, e seguimos cunha  posta en común.


Cada equipo centrouse  nun destes dereitos intentou pensar nunha situación onde quedase reflexado .

Por último cada equipo elaborou un debuxo onde plasmou esa escena. Neste debuxo participaron tódolos compoñentes do equipo e cada un/a encargouse da parte que mellor sabia facer, consensuada.


Con tódolos debuxos compuxemos entre todos e todas un mural.


E este foi o resultado final.








Educar en.."VALORES"




O seguinte tema que tratamos foi o dos valores.



Fixemos un intercambio de ideas sobre o que entendíamos por valores.Buscamos información en algúns libros e nos dicionarios……


Cando máis ou menos a cousa quedou clara traballamos en equipo.


Como queriamos plasmar a idea de valores nunha historieta tipo cómic, tivemos que aprender a facer un cómic, as súas partes, elementos có forman…..Outra cousa que tivemos que investigar e facer un esquema do que tiñamos que ter en conta.


Despois cada equipo pensou na súa historieta,repartiu o traballo das viñetas entre os  seus compoñentes e comezaron a traballar.
Aínda que foi a primeira vez que elaboraban  cómic gustoulles moito o resultado.
E a vos?






"MEDIO AMBIENTE"



Neste trimestre estamos a estudiar o medio ambiente tendo en conta "as tres R" , aparte de concienciarnos con elas tamen estamos a aprender alternativas ao noso comportamento.
Unha delas consistiu en crear traballos de plástica,elaborar un cuadro con cousas que atopamos na papeleira,o sexa Reutilizando.
Este foi o resultado:






Reutilizar




Neste trimestre estamos a traballar sobre o aforro de enerxía,sobre o consumo responsable e sobre a utilización das tres "R" no noso día a día para ir concienciándonos no tema visionamos algún videos que atopamos en you Tube



E agora un xogo interactivo.A ver como o fas!





Escoita este video, mira as imaxes. e logo coméntao coa clase.





E agora unha historia de consumo responsable




O seguinte  paso foi analizar a seguinte "R", a de reducir e acordamos entre todos e todas actuar dentro da escola para que todo o alumnado e o profesorado colleran cociencia  de que temos que actuar polo ben do medio ambiente.
Os grupo comenzaron a pensar en como poderian facer a campaña.
Decidiron facer carteis para colocar por toda a escola para distribuir alguns consellos para a reducción de....

Reducir o consumo da auga
 Consumo do papel
 Consumo de energxía
 Consumo de pilas
Consumo de electricidade
Aproveitar a luz solar

E despois cada equipo decidiu onde ía a colocar o seu cartel.
O primeiro foi colocado na sala de informática.





Apagar os ordenadores


 Reducir o consumo do papel

 Reducir o consumo da auga


 Reducir a basura e os desperdicios