30 de xaneiro

Publicado por Marta , viernes, 4 de febrero de 2011 16:46

oemptydiaemptydaemptypaz

Este ano o día da Paz o celebrámolo o venres 28 de xaneiro.Para preparalo toda a semana estivemos a mirar algún power point , algún debuxo animado, algunha canción e comentamos tamén algunha frase relacionada co tema.
Cada clase tivo que escribir palabras relacionadas coa Paz que comezasen cunha letra que se nos asignou , ao alumnado de 2ºA tocoulle a letra E , ao alumnado de 2ºB o F;despois tivemos que escribilas nun cartel que tiña unha pomba da Paz.
Noutra pomba tivemos que escribir un desexo para este día.

A unha, máis ou menos, todo o alumnado da escola saíu ao patio onde lemos os nosos desexos para este día da .O acto rematou cunha canción que podedes escoitar no blogue de música http://musichans.blogspot.com/


Tamén soltamos unha pomba branca pero non quería voar por Bembrive e quedou con nos no tellado do patio cuberto do noso cole,o mellor quería enchernos de Paz,Paz e Paz.


Pois iso é o que desexamos tamén nos.
O resultado foi o seguinte:




Feliz día da Paz.

Posted in