O grupo Migallas e a súa obra "o libro máxico"

Publicado por Marta , domingo, 17 de abril de 2011 16:57

A protagonista desta aventura, Rosiña, é unha nena que queda soa na casa mentres os seus pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes, decide investigar nun baúl. Ali atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tralas primeiras liñas empezan a pasar cousas raras e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.




O LIBRO MÁXICO

Cando esteas aburrido
e non saibas qué facer
colle un libro, meu amigo.
todo pode suceder

Imaxínate voando nunha alfombra
Imaxínate cruzando o ancho mar
Imaxínate cun can saltando á corda

Imaxínate nunha nave espacial

Poderás ser un pirata
moi valente e moi rufián
pelexar con alimañas
e un tesouro atopar. (Bis)
Poderás ir ata Arabia
nunha alfombra a voar,
acompañado dun xenio
saudar a Alí-Babá. (Bis)

Poderás ser un pallaso

e disfrazar o teu can,

facer rir a todo o mundo

como fai o can Papán (Bis

Poderás ir nunha nave
polo espacio sideral,
descubrir unha galaxia
e cun marciano xogar. (Bis)



E estas son alguns momentos da obra




Posted in

0 Response to "O grupo Migallas e a súa obra "o libro máxico""