Correlingua

Publicado por Marta , domingo, 22 de mayo de 2011 21:57

Milleiros de escolares da comarca de Vigo percorreron as rúas da cidade este xoves 12 de maio nunha nova edición do Correlingua, iniciativa en defensa do idioma que este ano se celebrou baixo o lema "En galego sempre somos". Os estudantes concentráronse pouco antes das 11.00 horas da mañá na Praza do Rei, onde lles dirixiron unhas palabras o alcalde e o edil de Deportes, para a continuación percorrer o centro até o parque de Castrelos.  Unha vez alí, realizaron distintas actividades e puideron gozar de actuacións musicais do grupo de Galeoke do colexio Pedro Floriani e dun espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
 nos fomos uns deles e aquí podedes ver a nosa participación.




Posted in

0 Response to "Correlingua"