Visita de Fina Casalderrey

Publicado por Marta , viernes, 20 de mayo de 2011 20:13

Ao colexio viu a visitarnos Fina Caldarrey é a autora do libro que estamos a traballar na aula titulado
"Quen me quere adoptar".
Antes da súa chegada documentámonos un pouquiño para coñecela mellor e atopamos estes datos na súa páxina web.
Queredes coñecer un pouco da súa vida?.
Fina Casalderrey      


{ Xebe, 1951 }Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerce a profesión de mestra (na actualidade en Secundaria). Foi daquela cando se mergullou nas augas da creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas na publicación Recursos teatrais para a expresión dramática na escola publicada en Edicións Xerais.
Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos e alumnas participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra... (traballos galardonados con diferentes premios).


Xunto con Mariano García, publicou O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia, todos eles libros de investigación.


Colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a Gastronomía...


No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida a tódalas linguas do Estado, tamén ó Portugués.



http://fina.casalderrey.com/index2.htm
Gustounos moito escoitala e contounos moitas cousas: 
Fina Casalderrey Fraga e a autora do libro "Quen me quere adoptar" . Enseñounos o que é a sensibilidade.Ela sacou a hª do conto dun señor aleman que era profe, cando se xuvilou tiña moita saúde e moito diñeiro pero non tiña unha familia e quiso adoptar unha. E o conseguiu.
Autora :Patricia Gradaille Gil


O libro "Quen me quere adoptar" visto por nós.


Posted in

0 Response to "Visita de Fina Casalderrey"