O festival das letras galegas

Publicado por Marta , domingo, 22 de mayo de 2011 22:21

O día 13 de maio no noso centro celebramos o festival das letras galegas. O alumnado de 2º este ano decidimos acompañarnos de catros d@s compoñentes do grupo de gaitas do Centro cultural e deportivo de Bembrive Helios.
Para a nosa actuación preparamos entre todos e todas a canción tradicional galega "O gato". A verdade e que nos fixo moita ilusión actuar con eles e elas e que Alex viñera o cole para os ensaios.
Aquí tedes algunha foto da nosa intervención.




Moitísimas grazas pola vosa colaboración.


Correlingua

Publicado por Marta , 21:57

Milleiros de escolares da comarca de Vigo percorreron as rúas da cidade este xoves 12 de maio nunha nova edición do Correlingua, iniciativa en defensa do idioma que este ano se celebrou baixo o lema "En galego sempre somos". Os estudantes concentráronse pouco antes das 11.00 horas da mañá na Praza do Rei, onde lles dirixiron unhas palabras o alcalde e o edil de Deportes, para a continuación percorrer o centro até o parque de Castrelos.  Unha vez alí, realizaron distintas actividades e puideron gozar de actuacións musicais do grupo de Galeoke do colexio Pedro Floriani e dun espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
 nos fomos uns deles e aquí podedes ver a nosa participación.




Posted in | 0 comentarios

Visita de Fina Casalderrey

Publicado por Marta , viernes, 20 de mayo de 2011 20:13

Ao colexio viu a visitarnos Fina Caldarrey é a autora do libro que estamos a traballar na aula titulado
"Quen me quere adoptar".
Antes da súa chegada documentámonos un pouquiño para coñecela mellor e atopamos estes datos na súa páxina web.
Queredes coñecer un pouco da súa vida?.
Fina Casalderrey      


{ Xebe, 1951 }Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerce a profesión de mestra (na actualidade en Secundaria). Foi daquela cando se mergullou nas augas da creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas na publicación Recursos teatrais para a expresión dramática na escola publicada en Edicións Xerais.
Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos e alumnas participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra... (traballos galardonados con diferentes premios).


Xunto con Mariano García, publicou O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia, todos eles libros de investigación.


Colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a Gastronomía...


No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida a tódalas linguas do Estado, tamén ó Portugués.



http://fina.casalderrey.com/index2.htm
Gustounos moito escoitala e contounos moitas cousas: 
Fina Casalderrey Fraga e a autora do libro "Quen me quere adoptar" . Enseñounos o que é a sensibilidade.Ela sacou a hª do conto dun señor aleman que era profe, cando se xuvilou tiña moita saúde e moito diñeiro pero non tiña unha familia e quiso adoptar unha. E o conseguiu.
Autora :Patricia Gradaille Gil


O libro "Quen me quere adoptar" visto por nós.


Construyendo historias

Publicado por Marta , 19:06



Este é o noso final para unha das 1000 hª de Natalia e Jorge.

Por la noche los marcianos, el mago, el súper agente y los pájaros se reunieron y fueron en busca de Jorge y Natalia. Mientras Jorge y Natalia ya estaban en casa. Cuando por fin los encontraron les dijeron que les tenían que ayudar a salvar el mundo.



Les explicaron que tenían que ser ellos porque eran unas personas que sabían apreciar todo lo de su alrededor y valoran lo bueno de la vida con alegría.


Para conseguirlo el mago les dio unos polvos mágicos que entre todos, por tierra, mar y aire los esparcieron.


Al finalizar Jorge y Natalia descubrieron que todo había cambiado, parecía que tenía más color y sus amigos estaban muy felices


Se abrazaron muy contentos y les dieron las gracias.
Y colorín colorado esta historia se ha terminado. Aaah! y Jorge y Natalia se fueron a dormir  aunque todo esto parecía un sueño .¿No?